Inicio pymes y autónomos A quenlla avistada en Oleiros faleceu por unha obstrución dixestiva xerada por...

A quenlla avistada en Oleiros faleceu por unha obstrución dixestiva xerada por plásticos

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 (EUROPA PRESS)

O tiburon peregrino, conocido en galego como ‘momo’, avistado o pasado sábado en dúas praias de Oleiros, e que posteriormente foi achado morto, faleceu por unha obstrución dixestiva xerada por diversos obxectos plásticos, tal e como determinaron os veterinarios de CEMMA (Coordinadora de Estudo de Mamíferos Mariños) que o analizaron.

Foron os bañistas os que alertaron en pasado sábado da presenza dunha quenlla de gran tamaño na Praia de Bastiagueiro, en Oleiros, polo que se pechou temporalmente ao público o acceso ao auga ata que se puido identificar como un momo, unha especie inofensiva.

O animal chegou a varar en Bastiagueiro e, despois, na próxima praia de Santa Cristina, pero puido ser reintroducido coa participación de socorristas, Protección Civil e voluntarios de Habitat, baixo a coordinación de CEMMA. Nese momento, comprobouse que medía máis de 4 metros, un tamaño pequeno para esta especie, dado que os momos adultos miden un oito metros.

Os expertos explicaron que a súa presenza en Galicia non é estraña, dado que anualmente hai entre dous e tres avisos, moitas veces dentro das rías e, sobre todo, na primavera.

A última hora da tarde do sábado, a quenlla volveu varar e faleceu. Na análise interna realizado o domingo polo equipo veterinario de CEMMA detectouse a presenza no seu organismo de distintos obxectos plásticos, desde fibras procedentes de artes de pesca degradadas a un tapón de botella.

Algúns destes plásticos taponaban a válvula espiral, un órgano interno que facilita que se aumente a superficie de absorción no reducido tamaño intestinal das quenllas e raias. Esta oclusión foi identificada como causa do enfraquecemento e varamiento da quenlla.

“A presenza de obxectos estraños é habitual nos individuos desta especie, xa que, ao ser filtradores, calquera obxecto que haxa na columna de auga será inxerida coma se fose alimento”, apunta o CEMMA, o que os convirte en “vítimas da contaminación por plásticos” dos océanos.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLa Diputación Provincial de Huesca aprueba la Oferta de Empleo Público de 2022 con 82 plazas en todos los niveles
Artículo siguienteCCOO asegura que España no tiene un problema de vacantes, sino de infradesarrollo del tejido empresarial
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.